SME Server, distribución para pequenas e medianas empresas

SME Server, distribución para pequenas e medianas empresas

http://www.mancomun.org/images/stories/sme_server.pngSME Server é unha distribución orientada ás PEME. Está baixo licenza GNU/GPL e dispoñible para a súa descarga. A última versión dispoñible é a 7.1 que está baseada en CentOS 4.4.

SME Server instálase automaticamente sobre un PC converténdoo nun potente servidor de comunicacións que opcionalmente permite a todos os computadores da rede compartir a conexión a internet traballando como pasarela de seguridade.

As características principais de SME Server son:

  • Servidor de correo de alto rendemento.
  • Melloras na seguridade que reducen os riscos de intrusión.
  • Servidor de ficheiros centralizado permitindo o intercambio entre plataformas Windows, Macintosh e Unix.
  • Un servidor web para aloxar a web da compañía ou a intranet.
  • Xestión do servidor vía web que permite engadir novas contas de usuario, control do acceso remoto, configuración de impresoras de rede, xestión de traballo en grupo, conectividade con redes adicionais, …
  • Servizos de especiais (caché, proxy) que aceleran o acceso á web e Internet, mellorando o rendemento da túa rede.
  • Libreta de enderezos compartidos que se mantén automaticamente.
  • Xestión de cotas que permiten establecer límites de espazo de uso aos usuarios para os ficheiros e correos electrónicos.
  • Soporte para traballar coma un servidor de dominio Windows.
  • Soporte para impresoras USB permitindo a un SME Server imprimir vía un porto USB.
  • Soporte mellorado para compartir ficheiros Macintosh.
  • Servidor de correo seguro: POP3/SSL, IMAP/SSL, SMTP/SSL, SMTP AUTH sobre SMTP/SSL.
  • Clientes de correo web baseados nas últimas versión de Horde, Imp, Turba e Ingo.
  • Antivirus baseado en ClamAV para escanear os discos duros e os correos electrónicos na procura de virus.
  • AntiSpam baseado en Spamassassin que automaticamente etiqueta as cabeceiras con X-spam-status e opcionalmente filtra e/ou etiqueta o asunto do correo.

Hai máis información dispoñible no wiki do proxecto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal