Nesta ferramenta recóllese a primeira base de datos e usos e coberturas simples do solo a escala 1/5.000 dos 82 concellos do Plan de ordenación do litoral.

Durante o ano 2019 obtívose unha base de datos, denominada SIOSE5K, sobre os municipios costeiros de Galicia, con data de referencia das imaxes e da información de partida de 2017. A representación gráfica desta base é unha cartografía que comprende os 82 municipios do Plan de ordenación do litoral.

A información pode descargarse por concellos dende o propio visor dun xeito libre e gratuíto xunto co propio modelo de datos para poder interpretar axeitadamente o seu contido:
https://ideg.xunta.gal/portalsix/apps/opsdashboard/index.html#/514dd6aa79434a17986a3874d4f26db5

As principais características do SIOSE5K son:
Máxima resolución da cartografía ao achegar información de cultivos e tipos de solos a nivel catastral.
– Información de coberturas de todo o territorio e dos usos nos solos artificiais.
– Integración de distintas bases de datos de carácter oficial e o vínculo con outras a partir da referencia catastral.
– Permiso de procesamento masivo de datos.
– Semiautomatización do proceso, o que posibilita a redución de custos e unha meirande frecuencia de actualización.
– Coordinación coa produción de datos deste tipo con outros a nivel estatal e europeo.
– Explotación da base moi sinxela e inmediata, obténdose resultados a nivel municipal, parroquial ou de calquera outro ámbito xeográfico a considerar.

Licenza dos datos

O uso da información dos produtos do Centro de Descargas, así como os seus derivados, leva a aceptación implícita polo usuario das condicións da licenza de uso particular de cada produto, compatible con CC BY 4.0.

Dita licenza ampara o uso libre e gratuíto para calquera propósito lexítimo, sendo a única estrita obrigación a de recoñecer e mencionar a orixe e propiedade dos produtos e servizos de información xeográfica.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This