O próximo sábado 18 de maio en horario de 11:00 a 13:30, Bricolabs inicia unha serie de “Sesións introdutorias a GNU/Linux“, onde calquera poderá asistir libremente e aprender desde cero todo o necesario para instalar e utilizar un sistema operativo libre ou mellorar as habilidades sobre este tipo de software.

Cartel entre tuxes

Como podedes ver no cartel, tamén tocaranse outros temas relacionados con este entorno en sesións posteriores:

  • Uso do terminal
  • Git (control de versións)
  • Ferramentas libres para desenvolvemento de hardware
  • Sistemas operativos lixeiros para darlle unha segunda vida a equipos informáticos vellos

Desde Bricolabs comentan:

A idea inicial é intentar organizar unha sesión diferente cada 7 ou 15 días, ao longo dos próximos meses, onde os alumnos poidan ver os diferentes temas que se queren tocar.

Na primeira sesión, “Sesión01 – Instalación e iniciación a Linux con @salvari e @raivenra“, os asistentes aprenderán a probar e instalar unha distribución GNU/Linux nos seus ordenadores, realizar as configuracións básicas do sistema e instalar aplicacións nela.

Cartel entre tuxex sesion01

Recomendan aos asistentes levar portátil, rato e unha memoria usb para realizar as prácticas durante o obradoiro.

Data: 18 de maio
Horario: 11.00 a 13.30 horas
Lugar: museo Domus de A Coruña

Máis información no twitter de Bricolabs.

Pin It on Pinterest

Share This