O próximo 3 de outubro, en horario de 16.30 a 18.30, terá lugar no CDTIC de Santiago de Compostela unha nova sesión demostradora, esta vez sobre:

“Xestión de servizos de tecnoloxías da información con GLPI”

GLPi

GLPi é unha solución de software libre distribuído baixo licenza GPL, que facilita a administración de recursos informáticos. GLPi permite rexistrar e administrar os inventarios de todo o hardware e software dunha empresa, optimizando o traballo dos técnicos.

GLPi inclúe tamén software de Servizo Técnico (Helpdesk) para o rexistro e atención de solicitudes de soporte técnico, coa posibilidade de notificación por correo electrónico a usuarios e ao mesmo persoal de soporte, ao inicio, durante e/ou ao peche da solicitude.


As funcionalidades máis destacables de GLPi pódense resumir en:

– O inventario de tódolos recursos informáticos, tanto de hardware (PCs, servidores, máquinas virtuais, equipamento de rede, impresoras…), coma do software asociado a eses activos, incluída a xestión de licenzas.
– A administración e historiais das diferentes actividades de mantemento e procedementos relacionados, levados a cabo sobre eses recursos informáticos, incidencias, solicitudes, cambios, problemas, ademais de contratos relacionados e información financeira.
– Xestión multi-entidade, multi-empresa, multi-departamento
– Xestión en varios idiomas, incluído o galego.
– Soporte multiusuario

Nesta sesión poderase coñecer e aprender a manexar unha ferramenta ITSM, que axuda a manexar e controlar cambios nas infraestruturas informáticas de forma sinxela, axuda a resolver problemas emerxentes de maneira eficiente e, ademais, fai posible o control fiable sobre o orzamento e os gastos que realizan as compañías en IT.

Sesión dirixida a administradores de sistemas e xerentes de empresas.

Programa

– Xestión de servizos de tecnoloxías da información con GLPI
– Inventario informático e Centro de Atención a Usuarios (CAU) cunha óptica ITIL
– Xestión do ciclo de vida do equipamento informático
– Inventario TI
– Inventario automático de activos con Fusioninventory
– Servicedesk: Atención ao usuario con GLPI
– Xestión de peticiones (solicitudes e incidencias)
– Non só de informática vive GLPI. Presentación do noso módulo VTA: Vertical de arboricultura.
– Presentación aplicación móbil Android: Gapp
– Empresas ou organismos con parque informático superior a 50 equipos ou que manteñan parques informáticos para terceiros.

Pódese descargar o programa completo nesta ligazón.

Inscrición

Pódese facer a inscrición a través desta web.

Imparte


TIC.gal
Empresa especializada en software de xestión de servizos TI (ITSM) con orientación ITIL: inventario de equipamento informático e soporte técnico (service desk).
Outros servizos: seguimento e inventarios de calquera tipo de activo.
VTA: Arboricultura. Inventario de árbores e realización de EVA (VTA).

Organiza

Amtega, Agasol SwL e TIC.gal

Agasol


Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This