O Centro Demostrador TIC de Galicia, tamén coñecido como CDTIC, organiza unha sesión demostradora arredor da ferramenta libre Odoo. Esta sesión terá lugar unicamente por streaming o mércores 3 de abril de 10:00 a 10:45.

Este evento forma parte das #DemosXWeb que o CDTIC organiza para dar a coñecer distintas ferramentas que poden axudar no teletraballo tendo como público obxectivo calquera empresa do entorno que traballe por proxectos ou que queiran coñecer unha forma de organizarse por proxecto, de forma integral co resto de xestión da empresa.

A sesión en cuestión estará centrada na xestión de proxectos empregando as características que proporciona a ferramenta Odoo, mediante a cal explicarán exemplos cos que se pode entender o funcionamento e poñer en práctica a organización de proxectos en empresa.

Neste evento participa a empresa Anubía, que é “partner” de Odoo e se adican entre outras cousas a prestar servizos, soporte e formación sobre Odoo.

Programa da sesión

  • Planificación e Control de Tempos:
  • Creación dun Proxecto.
  • Planificación (Gantt), creación e asignación de Tarefas.
  • Realización e control de Tarefas (Partes de Hora).
  • Xestión Analítica, Planificación e Control de Marxes

 

Inscrición e máis información na páxina web do evento: https://cdtic.xunta.gal/odooteletraballo

Pin It on Pinterest

Share This