O 19 de novembro de 11:30 a 13:30 terá lugar unha sesión demostradora sobre a solución de ERP libre Odoo. O evento terá lugar na aula da rede CeMIT da Coruña no Centro Cívico de Eiris e tamén por streaming.

O evento está organizada polo CDTIC e conta coa colaboración a empresa Anubía, que é a empresa consultora partner de Odoo na que traballa Javier Giráldez que impartirá esta sesión.

O público ao que está dirixido esta sesión son as empresas de servizos, distribución, etc pequenas e medianas interesadas na xestión da contabilidade e facturación dende un ERP, xa que na propia sesión explicarán o funcionamento básico de Odoo facendo fincapé nos módulos de CRM, vendas, almacén, compras e contabilidade.

Odoo está dispoñibles no CDTIC Virtual para poder ser probado. O CDTIC Virtual, posto en marcha polo Centro Demostrador TIC, constitúe un servizo no que empresas, organizacións e persoas usuarias poden probar e avaliar distintas aplicacións en software libre a través dun servizo na nube nun contorno privado, sen necesidade de dispoñer de recursos informáticos propios ou de persoal con coñecementos avanzados de sistemas.

As persoas interesadas en solicitar a avaliación dunha das aplicacións dispoñibles non teñen máis que rexistrarse como empresas e profesionais na web do CDTIC e posteriormente solicitar a aplicación ou as aplicacións que sexan do seu interese.

Máis información sobre o evento na súa páxina web.

Pin It on Pinterest

Share This