O 15 de xuño, en horario de 11.00 a 13.00, Bricolabs organiza un obradoiro sobre o uso do terminal nun sistema gnu/linux chamado “Quen teme a Bash?” dentro das sesións “entre Tuxes”, os cales forman parte do programa de actividades da OSHWDem 2019.

Localización

O obradoiro terá lugar no Espazo Maker de Bricolabs, no museo Domus – Casa do Home de A Coruña.

Obradoiro – Quen teme a Bash?

Neste taller práctico, imos coñecer algúns trucos para mellorar o noso día a día con Bash. Veremos algúns scripts que nos axudarán co noso traballo diario, así como diferentes utilidades que nos axudarán a ser máis felices coa nosa shell favorita.

Para seguir as prácticas do obradoiro, recoméndase traer un portátil cunha distribución GNU/Linux instalada.

Este taller está limitado a maiores de catorce anos. Se eres menor de idade deberás vir acompañado por un adulto, e debedes inscribirvos os dous.

Imaxe do obradoiro sobre Bash impartido na pasada “FLISoL 2019 A Coruña”

Inscrición

Os obradoiros de “entre Tuxes” en Bricolabs son libres e gratuítos, pero existe aforo limitado. Para asistir a eles é necesaria a inscrición previa, a través dos formularios que atoparedes nas webs dos respectivos obradoiros:

Sesión 05 “entre Tuxes” – Quen teme a Bash?

Máis información na web oficial da Oshdem ou no seu twitter.

Pin It on Pinterest

Share This