Esta semana Bricolabs organiza dous obradoiros libres e gratuítos dentro das sesións “entre Tuxes”, os cales forman parte do programa de actividades da OSHWDem 2019.

Localización

As dúas actividades realizaranse no Espazo Maker de Bricolabs, no museo Domus – Casa do Home de A Coruña.

Traballando con Git en rede

O venres 7 de xuño, en horario de 18.30 a 20.00, poderedes asistir á “Sesion 03: Traballando con Git en rede”, segunda parte do obradoiro «Iniciándose en  Git», onde se profundará no traballo con  Git.

Git é un software de control de versións deseñado por Linus Torvalds. O seu propósito é levar o rexistro dos cambios en arquivos de computadora e coordinar o traballo que varias persoas realizan sobre arquivos compartidos.

Imaxe do obradoiro previo «Iniciándose en  Git»

Configurando a túa distribución GNU/Linux

E o sábado 8 de xuño, en horario de 11.00 a 13.00, poderedes asistir á “Sesion 04: Configurando a túa distribución GNU/Linux”, segunda parte do obradoiro «Como probar linux no teu equipo».

Neste obradoiro aprenderemos a configurar unha distribución GNU/Linux, a instalar aplicacións para sacar proveito ao sistema e a usar o terminal de forma fácil e sinxela.

Imaxe do obradoiro previo «Como probar linux no teu equipo»

Inscrición

Os obradoiros son libres e gratuítos, pero existe aforo limitado. Para asistir a eles é necesaria a inscrición previa, a través dos formularios que atoparedes nas webs dos respectivos obradoiros:
– “Sesion 03: Traballando con Git en rede”
– “Sesion 04: Configurando a túa distribución GNU/Linux”

Máis información na web oficial da Oshdem ou no seu twitter.

Pin It on Pinterest

Share This