Portos do Estado pon ao dispor do cidadán un servizo para a consulta das zonas de servizo dos portos en mapas dixitais.

Portos do Estado, en colaboración coas Autoridades Portuarias e o Centro Nacional de Información Geográfica (CNIG), puxo en marcha o servizo público para a consulta das zonas de servizo dos portos de interese xeral do Estado mediante mapas dixitais. O novo servizo ao dispor das Administracións Públicas e da cidadanía pódese consultar en calquera Sistema de Información Xeográfica ou visualizador web a través da seguinte ligazón:
https://geoserver.puertos.es/wms-inspire/puertos?SERVICE=WMS&REQUEST=GetCapabilities&SERVICE=WMS&VERSION=1.3.0

Francisco Toledo, presidente de Portos do Estado, manifestou:
“este novo servizo é un paso máis cara o obxectivo da dixitalización, innovación e transparencia que emprenderon os portos”.

Unha das liñas estratéxicas recollidas no novo Marco Estratéxico do Sistema Portuario, cuxa aprobación se producirá en próximas datas, é a ordenación e a xestión áxil e avanzada do dominio público portuario a través do uso de sistemas de información xeográfica.

Co novo servizo tanto as Administracións públicas, como a cidadanía en xeral, poderán obter información actualizada das zonas de servizo dos portos de interese xeral do Estado, tanto da zona de servizo terrestre (PortArea) como a zona de augas (Fairway).

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This