Hoxe iniciamos a publicación dunha serie de artigos tecnolóxicos adicados á solución Zabbix. Esta publicación da continuidade ás accións levadas a cabo en semanas anteriores para a difusión desta mesma solución, como son o artigo tecnolóxico de casos de éxito sobre Zabbix, onde entrevistamos ás empresas usuarias Hogarlín e Hijos de Rivera, así como ás provedoras Muutech e Aldaba respectivamente. Así mesmo tamén se incluíu recentemente Zabbix entre as solucións dispoñibles para proba e avaliación dende o Centro Demotrador TIC Virtual que foi complementada á súa vez co seminario “Introdución á monitorización de sistemas co software libre Zabbix e aplicabilidade a outros campos como a industria” impartido pola empresa Muutech, sendo publicada hoxe mesmo a gravación da sesión para todos aqueles que non pudieran asistir á mesma.

O artigo que inicia hoxe a serie sobre Zabbix párase a reflexionar sobre as particularidades desta ferramenta que a converten nun competidor avanzando no sector dos servizos de supervisión e monitorización de sistemas, no que se profundizará sobre o uso desta ferramenta cunha orientación a ITIL.

Zabbix: Monitorización con Software Libre

Zabbix é unha ferramenta de software libre para monitorización de redes. Permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de ordenadores, servidores ou hardware da propia rede. Está dispoñible baixo a licenza de software Libre GPL. Entre as súas características destacan:

  • Verificar a dispoñibilidade e nivel de resposta de varios servizos como por exemplo servizos web ou de correo.
  • Permite obter estadísticas como carga dunha CPU, uso de disco, ancho de banda da rede…
  • Permite monitorizar servizos a través de protocolos como SNMP, TCP, ICMP ou SSH e telnet.

Pin It on Pinterest

Share This