Sensores CO2 maker, na Industriosa

Luns, 13 Xuño 2022
Sensores CO2 maker, na Industriosa

O obradoiro “Sensores CO2 maker para combatir a pandemia COVID-19” terá lugar o 17 de xuño, en horario de 18.00 a 20.30, no local da Industriosa. Neste obradoiro abordaremos o proxecto de deseño e creación de aparatos de fabricación propia para medir a concentración de CO2 e medir o nivel de ventilación dun espacio.

Con esta medida indirecta podemos determinar o risco de contaxio en caso de compartilo con persoas infectadas: unha ventilación suficiente reduce de forma dramática o risco (menos do 1%). Traballaremos diversos aspectos, dende unha pequena parte teórica e técnica, ate o uso práctico dos propios sensores empregando Arduino/ESP-8266. Falaremos tamén do sentido e valor da autofabricación fronte a produtos comerciais. O obxectivo do obradoiro é adquirir coñecementos para poder abordar despois a creación de candanseu propio aparato. O traballo farase por grupos, xa que contamos con poucos sensores, e os prototipos resultantes quedarán na propia Industriosa para o seu emprego e maior seguridade.

Requisitos: ordenador propio.

Ainda que non son imprescindibles, outras habilidades e coñecementos que poden ser valiosos coma programación (visual por bloques tipo Scratch, ou textual tipo Arduino/Python/C/C++), deseño 3D, recollida de datos remotos (http, mqtt, …), deseño/creación artística, legal etc. etc. Evento patrocinado por AMTEGA Xunta de Galicia

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal