O 9 de outubro, ás 11:00 da mañá, impartirase un webinar gratuíto sobre o papel das IDE (Infraestruturas de Datos Espaciais) na transformación dixital.

Este webinar forma parte da iniciativa ELISE (European Location Interoperability Solutions for e-Government).

Infraestrutura de Datos Espaciais

Unha Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) integra datos, metadatos, servizos web ( WMS, WFS, WCS…) e información de tipo xeográfico para promover o seu uso.

É o conxunto de tecnoloxías, políticas, estándares e recursos humanos para adquirir, procesar, almacenar, distribuír e mellorar a utilización da información xeográfica, promovendo o desenvolvemento social, económico e ambiental do territorio.

Grazas á Directiva INSPIRE, as IDE en Europa convertéronse nun elemento fundamental para o intercambio eficaz de datos entre sectores e comunidades.

O obxectivo deste webinar é repasar o papel das IDE na Transformación Dixital dos Gobernos e explorar como poden evolucionar para contribuír máis intensamente nesa transformación.

O webinar basearase nun estudo recente encargado polo EC Joint Research Centre no que se desenvolveu unha metodoloxía para comprender mellor o papel das IDE na transformación dixital do sector público.

Inscrición

Se queres asistir ao webinar, podes inscribirte neste formulario web.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This