O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) organiza para o vindeiro martes 23 de setembro un seminario técnico sobre bases de datos NoSQL e MongoDB.

Banner do portal de MonogoDB

O obxectivo do seminario é dar a coñecer ao público asistente as características técnicas, potencialidade e usos das bases de datos NoSQL, centrándose fundamentalmente en MongoDB, unha base de datos NoSQL orientada a documentos, multiplataforma, open source e gratuíta cunha estreita relación co concepto de Big Data.

O seminario celebrarase en horario de mañá, de 9:30 a 13:30 horas, no salón de actos do propio CNTG, e correrá a cargo de Sergio Rodríguez, director de formación da empresa Core Networks e instrutor oficial de Cloudera, con varias certificacións Hadoop e colaborador habitual en xornadas sobre Big Data.
No seminario abordaranse cuestións co

  • Que son as bases de datos NoSQL? Son bases de datos relacionais?
  • Cobren as mesmas necesidades que as bases de datos SQL?
  • Que vantaxes ofrecen respecto a parámetros como escalabilidade ou frecuencia de acceso?

Este seminario vai dirixido preferentemente a administradores de bases de datos e, en xeral, a desenvolvedores, administradores de sistemas e persoal técnico das TIC interesados en adquirir coñecementos sobre a materia.

Sergio Rodríguez, o relator da xornada é director de formación da empresa Core Networks, enxeñeiro de telecomunicacións e instrutor oficial de Cloudera nas áreas de desenvolvemento e análise de datos para Europa e América Latina, e de Oracle University. Posúe, entre outras, as certificacións de desenvolvedor Hadoop, administrador Hadoop e especialista en HBase, sendo colaborador habitual en relatorios e masters sobre Big Data.

Asistencia presencial e por videoconferencia

A asistencia ao seminario é totalmente gratuíta, condicionada ao aforo do local, polo que é preciso inscribirse a través do portal web do CNTG para garantir a dispoñibilidade dunha praza. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 22 de setembro. O acceso ao salón de actos para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

Para aquelas persoas interesadas en asistir ao seminario, que non poidan desprazarse a Santiago, pode consultar na web http://cemit.xunta.es o listado de aulas que o emitirán este seminario e solicitar a súa participación vía videoconferencia.

Curso “Administración e desenvolvemento de bases de datos MongoDB”

Segundo anunciabamos hai unhas semanas, por primeira vez, este cuadrimestre, o CNTG inclúe na súa grella formativa o curso “Administración e desenvolvemento de bases de datos MongoDB” que inclúe a posibilidade de realizar, ao finalizar o mesmo, dous exames de certificación: MongoDB certified DBA associate e MongoDB certified developer.

O prazo de inscrición para este curso remata o 25 de setembro, polo que as persoas que non teñan claro se é un curso do seu interese, poderán tirar proveito deste seminario gratuíto, para resolver as súas dúbidas.

Pin It on Pinterest

Share This