O pasado 25 de outubro o CNTG, Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria, acolleu o seminario Kubernetes: navegando no océano dos contedores. Kubernetes é un software libre, desenvolvido inicialmente por Google, para a automatización do despregue, escalado e manexo de aplicacións en contedores como, por exemplo, Docker.

O modelo de containerización está a ser adoptado pola industria de xeito máis palpable nos últimos tempos. Xa dende a fase de desenvolvemento, onde os encargados da creación do software incorporan este tipo de tecnoloxías como axuda ao proceso, operación e probas do mesmo. Empregando de xeito destacado Docker, como soporte.

Nembargantes, as tecnoloxías de containerización, pese a ser de grande axuda, por si soas carecen do necesario para achegar a xestión dos recursos e da infraestrutura subxacente a todo despregue de software. As empresas desenvolvedoras das tecnoloxías de containerización tamén traballan nestes eidos, para que as súas solucións sexan todo o completas posibles. Porén é nestes casos onde Kubernetes comeza a ter forza no mercado.

Kubernetes é un conxunto de ferramentas que orquestra e facilita o manexo, escalado e actualización de aplicacións containerizadas. Nace como proxecto interno de Google, baixo o nome en clave Borg, que tras estar máis de 15 anos dentro do seo da compañía é liberado para xuntarse co pulo dunha comunidade de usuarios e desenvolvedores que cada día vai a máis.

Unha das características máis importantes de Kubernetes é que non se acopla co motor de containerización subxacente. Calquera que fose o elixido polos xestores da plataforma será administrable empregando Kubernetes.

O seminario tivo como obxectivo:

* Presentar á industria e aos profesionais de Kubernetes como unha solución que dá resposta a algúns dos problemas relativos á administración e xestión de aplicacións conterizadas
* Orquestración de contedores a través de distintos hosts
* Mellor aproveitamento do hardware
* Control e automatización de actualizacións
* Escalado de aplicacións e os seus recursos en quente
* Comprobación de estado e autorrexeneración de aplicacións
* Emprego de canary-releases
* Mostrar os fundamentos de Kubernetes: as súas entidades principais, o seu carácter declarativo e o seu despregamento en distintas contornas.
* Exemplificar o seu uso con varios casos reais de despregamento de aplicacións.

Pin It on Pinterest

Share This