Seminario sobre “Desenvolvemento dun prototipo para o control de presenza”

Martes, 8 Xuño 2021
Seminario sobre “Desenvolvemento dun prototipo para o control de presenza”

O 14 de xuño, en horario de 16:00 a 20:00 horas, terá lugar o seminario en formato virtual “Desenvolvemento, modular e orientado a obxectos dun prototipo para o control de presenza nunha empresa”.

Python é unha linguaxe de programación de propósito xeral e das máis populares e estendidas a día de hoxe, polo que foi adoptada na maioría dos sectores da industria -finanzas, medicina, análise de datos, etc.- e é fundamental para o desenvolvemento de destrezas crave no sector TIC: Big data, Machine learning, Data analysis, IoT, estatística…

Os contidos teóricos e prácticos desta actividade enmárcanse no novo curso Programming Essentials in Python deseñado polo Python Institute, que prepara aos estudantes cara á superación da prestixiosa certificación oficial Python Certified Associate Programmer (PCAP).

Durante esta xornada crearase dende cero, de forma modular e escalable, un software baseado en Python que simule o control de presenza dunha empresa. Crearanse empregados, detectores e demais artefactos mostrando as mellores prácticas de desenvolvemento en Python, especialmente da programación orientada a obxectos.

Obxectivos

Introducir aos asistentes nas habilidades necesarias para a programación con Python: deseñar, escribir, depurar e executar programas codificados en Python en paralelo á obtención de coñecementos fundamentais e habilidades de programación dunha aplicación que siga o paradigma tan amplamente utilizado na industria do desenvolvemento do software como o da orientación a obxectos.

Temario

– Introdución ao paradigma da orientación a obxectos
– Construción paso a paso dunha aplicación:
Declaración de variables
Declaración de funcións
Estruturas condicionais e iterativas
Xestión de erros/excepcións
Creación de clases e instanciación de obxectos
Principio de herdanza
Relacións entre obxectos
– Repaso conceptos básicos e conclusión

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal