O 12 de marzo, en horario de 09:30 a 13:30 horas, terá lugar o seminario sobre “Automatización DevOps con Ansible e Vagrant” no CNTG.

A utilización de tecnoloxías de computación na nube leva, en bastantes ocasións, ó uso de novas ferramentas como as que veremos nesta xornada; pero en moitos casos non se trata simplemente da adopción de novas ferramentas, senón que habería que pensar na adopción paulatina da denominada metodoloxía DevOps.

Unha opción que por unha banda nos pode axudar a montar algunhas das contornas de proba, pero que por outra banda nos introduce nalgunhas das ferramentas utilizadas habitualmente na propia tecnoloxía de computación na nube.

Obxectivos

Coñecer os principios e características da metodoloxía DevOps.
Coñecer os distintos tipos de ferramentas que nos permiten levar a cabo a metodoloxía DevOps.

Introducir ao uso dun software de automatización da configuración do sistema: Ansible.

Introducir ao uso dun software para a creación de contornas de desenvolvementos lixeiras e portables: Vagrant.

Relator

O relator da xornada será Alberto García, docente en Factor Humano Formación, con máis de 15 anos de experiencia como formador e técnico especializado na administración de sistemas, virtualización, cloud en contornas Linux e en arquitecturas Middleware. Posúe, entre outras, certificacións en LPIC-1, LPIC-2, LPIC-3 Administrator, VCP, Oracle Solaris System Administration e MCITP.

Temario

Ansible

Que é Ansible?
Implementación de Ansible
Playbooks
Variables e Facts
Implementación de modelos Jinja2
Roles

Vagrant

Que é Vagrant?
Configuracións en Vagrant
Aprovisionamiento de Vagrant
Ansible
Shell

Período de inscrición

03/03/2020 – 11/03/2020

Máis información e inscrición na web do CNTG

Pin It on Pinterest

Share This