O vindeiro mércores 3 de decembro de 16:00 a 20:00 horas celebrarase no CDTIC, un seminario de formación que leva por título “Iniciación a WordPress: crear e xestionar unha web/blog profesional de balde”.

Banner do seminario de WordPress

Trátase dunha xornada eminentemente práctica, onde o obxectivo é que cada participante termine a tarde coa súa propia web construída.

Os asistentes coñecerán as bases para a creación de webs/blogs profesionais, persoais ou corporativos, sen a necesidade de posuír grandes coñecementos informáticos nin de deseño, así como contando cun orzamento moi axustado.
O seminario vai dirixido a profesionais autónomos de todos os sectores, pemes, asociacións, clústeres etc, que desexen iniciarse na construción/xestión dunha web propia sen a necesidade de posuír coñecementos previos.

O seminario correrá a cargo de Pedro Arenas Barreiro, CEO de Ingenyus, Marketing Inteligente S.L., con máis de doce anos de experiencia directiva en departamentos de marketing de multinacionais farmacéuticas e alimentarias.

O programa completo do seminario é o seguinte:

  • Escenario – Que quero? Que busco? Que teño? A quen quero “enganchar”?
  • WordPress – Que é? Cales son as súas posibilidades?
  • Orzamento e plan de construción da miña web/blog
  • Necesidades previas para construír a túa web (hosting, dominio e outras ferramentas)
  • Instalación e configuración
  • Crear e xestionar contidos (estrutura, menús, páxinas, entradas, comentarios e biblioteca multimedia)
  • Personalización
  • Posicionamento e outras ferramentas para enriquecer a túa web (widgets, formularios, mapas…)
  • Exemplos e recomendacións

A asistencia ao seminario é completamente gratuíta, sendo unicamente preciso a inscrición previa través do Espazo Usuario do portal web do CDTIC.

Este seminario forma parte da oferta formativa en software libre no CDTIC dentro do Plan de Acción en materia de Software Libre 2014.

Pin It on Pinterest

Share This