O CDTIC organiza un novo obradoiro de formación sobre sistemas de xestión de contidos con licenza libre, desta volta trátase do seminario “Xestión avanzada de WordPress”. Terá lugar o próximo xoves 26 de Marzo, de 16:00 a 20:00 horas nas instalacións do CDTIC en Santiago de Compostela.

Banner do seminario de WordPress

O seminario está fundamentalmente dirixido a profesionais das TIC, responsables da xestión web da empresa, autónomos etc. que queiran crear unha páxina web en WordPress ou ben xa administran unha e desexan afondar na súa utilización e na incorporación de máis funcións

Os asistentes profundarán na utilización e configuración de WordPress con características avanzadas do sistema. Contarán cun equipo informático para pór en práctica os conceptos e as ferramentas descritas na clase.

O seminario será impartido por D. David Arias Vázquez, responsable de desenvolvemento de software en Ingenyus, Marketing Inteligente S.L.
David Arias é enxeñeiro de software cunha extensa experiencia no desenvolvemento de aplicacións web e móbil a través de distintas linguaxes de programación incluíndo PHP, javascript ou HTML5. Desde 2013 é responsable da área de informática de Ingenyus, onde se especializou no desenvolvemento de sitios web usando WordPress como plataforma CMS para a xestión de contidos, así como no desenvolvemento de temas, plugins e utilidades específicas para a devandita plataforma. O seu portfolio de desenvolvementos inclúe diversas webs que utilizan este CMS, como son a do Centro Nacional de Xenotipado, o grupo AtlantTIC da Universidade de Vigo, o Valedor do Pobo ou desenvolvementos específicos para máis de 50 empresas e institucións.

Progama

  • Xestión de temas
  • Xestión de plugins
  • Entradas & Páxinas
  • Menús
  • Sidebars & Widgets
  • Xestión de medios (multimedia)
  • SEO
  • Xestión de usuarios
  • Actualizando o noso sitio

Como todas as actividades organizadas polo CDTIC o seminario é de carácter gratuíto, pero con aforo limitado, sendo por tanto imprescindible inscribirse previamente a través do Espazo Usuario do portal web do CDTIC

Pin It on Pinterest

Share This