O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) anunciou a organización dun seminario sobre Samba 4.0 o xoves 6 de xuño de 16:30 a 20:30 nas instalacións do CNTG.

Este seminario ten como obxectivos dar a coñecer a solución libre Samba, que pode suplir as necesidades de calquera empresa, será impartido por Enrique Castillo, instrutor certificado en Linux Professional Institute, que tamén nos presentará as novidades da versión 4.0 de Samba. O guión do seminario será o seguinte:

  • Introdución ao servidor de arquivos Samba sobre Linux
  • Instalación e configuración básica
  • Casos de aplicación:
    • Servidor de arquivos simple
    • Servidor membro dun dominio
    • Servidor de Directorio Activo para un dominio

O acceso á xornada, previa inscrición que se realizará en liña a través do portal web do CNTG, é gratuíto e condicionado ao aforo do local. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

Para máis información sobre o evento convén visitar a páxina do mesmo.

Samba

O proxecto Samba trátase dunha implementación libre dos protocolos de compartición de ficheiros e impresoras de Windows (SMB/CIFS) a cal nos permite ter unha interoperabilidade entre os contornos Windows e GNU/Linux e demais sistemas operativos de estilo UNIX.

O proxecto comezou en 1992 e está liberada baixo GPL e hoxe en día tamén conta con funcionalidades relacionadas con directorio activo tamén de Windows e que dende a versión 4.0 permiten o despregamento dun controlador de directorio activo empregando unicamente software libre.

Pin It on Pinterest

Share This