Seminario de Programación de dispositivos de rede I: Python e o modelo YANG

Luns, 7 Xuño 2021
Seminario de Programación de dispositivos de rede I: Python e o modelo YANG

O 9 de xuño, en horario de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar o seminario de “Programación de dispositivos de rede I: Python e o modelo YANG” en formato virtual, organizado polo CNTG.

Na actualidade, novos protocolos e técnicas aplícanse para proporcionar modelos estandarizados que permiten a configuración e administración de dispositivos de rede, servidores e máquinas virtuais mediante o uso de API’s.

Nesta xornada presentaranse os fundamentos do funcionamento das API REST en dispositivos de rede, utilizando Python e Postman.

Os/As asistentes iniciaranse en YANG, unha linguaxe de modelado de datos baseado en estándares, que se utiliza para crear solicitudes de configuración de dispositivos ou solicitudes de datos operativos. Desenvolveranse exemplos de interacción con dispositivos de rede Cisco. O enfoque da sesión será eminentemente práctico.

O relator da xornada será Francisco Javier Nóvoa, enxeñeiro en Informática pola Universidade de Deusto e doutor en Informática pola Universidade da Coruña, á que se incorporou como profesor no ano 2007. Actualmente é o coordinador na devandita universidade do Máster Interuniversitario de Ciberseguridade que se imparte conxuntamente coa Universidade de Vigo, onde coordina a materia Redes seguras.

Requisitos

É altamente recomendable que os/as asistentes teñan coñecementos básicos de Python.

Obxectivos

Aprender novos conceptos relacionados coa programación de redes e a automatización, traballando con sistemas reais.

Temario

– API e o parsing de JSON:
API e RESTfull API
JSON e XML
Parsing de JSON con Python

– Interfaces API programables para a rede

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal