Seminario de Creative Commons na Coruña

Mércores, 20 Setembro 2017

O Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación organiza na Coruña unha charla na que o defensor da cultura libre, Jorge Lama (@raivenra), contaranos como empregar correctamente as licenzas Creative Commons para publicar contidos audiovisuais libres para o seu uso.

Esta charla en formato obradoiro está dirixida a persoas de calquera idade interesadas na creación audiovisual, na publicación de contidos dixitais, na comunicación e a todas aquelas que desexen coñecer novas formas de producir contidos do proxecto.

Se vos animades, a charla terá lugar o vindeiro día 5 de Outubro na Coruña, nas instalacións do Papagaio (Rúa do Hospital,19). Accede á web do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación para obter máis información acerca de este evento.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal