A cidade portuguesa de Seixal ven de completar a súa migración á suite ofimática LibreOffice.

A administración do concello portugués xa decidira no ano 2017 usar a suite ofimática libre debido a que consideran que é o mellor xeito de garantir a lei portuguesa número 36, que promulga a obrigatoriedade de empregar estándares abertos entre os que se atopa Open Document Format, tamén coñecido polas siglas ODF.

Esta migración non foi o único paso cara o software libre que tivo lugar en Seixal, xa que no departamento de informática desa cidade xa teñen unha traxectoria de uso de solucións libres que ven dende o ano 2011, destacando que no ano 2015 migraron 52 computadoras de uso público, entre as que se atopan equipos de escolas e bibliotecas municipais, a Ubuntu Linux, Firefox, LibreOffice… medida coa que chegaron a aforrar máis de 13.000 euros ao ano.

O proceso de migración de todos os servizos á solución LibreOffice durou 18 meses e na que o equipo que a levou a cabo quixo involucrar a todo o mundo e sobre o que unha das responsables destacou que o maior problema son algúns documentos que chegan doutros servizos públicos con características non compatibles como poden ser macros ou follas de cálculo incrustadas e que teñen dando problemas ata con outras versións de solucións privativas.

Fonte: https://joinup.ec.europa.eu/collection/open-source-observatory-osor/news/under-pressure

Pin It on Pinterest

Share This