Bruce Byfield e Jean Hollis Weber anunciaron a segunda edición de Designing with LibreOffice. Dispoñible como arquivo .ODT ou .PDF baixo a licenza Creative Commons Recoñecemento/Compartir igual 4.0.

A primeira edición publicouse en 2016 e descargouse máis de trinta e cinco mil veces. Un libro apto para principiantes ata para vellos profesionais, que probablemente descubrirán cousas de LibreOffice que non coñecían.

A segunda edición elimina información obsoleta e engade capturas de pantalla actualizadas, ademais de nova información sobre temas como os códigos de conformación de fontes Harfbuzz, a exportación a formatos EPUB para ereaders, a extensión Zotero para bibliografías e Angry Reviewer, unha extensión similar a Grammarly para editar a dicción.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This