O 14 de outubro de 2020, de 10:00 a 10:45 horas, terá lugar a charla por streaming “Seguimento de sistemas e procesos industriais con Zabbix e Grafana. Muutech”.

Tomar decisión baseadas en suposicións xa non vale. As empresas necesitan reaccionar de forma dinámica ante problemas antes incluso que estes acaezan, e incluso, coa situación actual que vivimos, teñen que ser capaces de asegurar o funcionamento da infraestrutura de TI mentres o seu persoal teletraballa.

Minerva facilita ter de forma centralizada e en tempo real toda a información relevante da empresa, para poder asegurar o correcto funcionamento da infraestrutura e das máquinas, e poder tamén tomar decisións baseadas en datos, e non suposicións.

Minerva, baseada en estándares de software libre (Zabbix e Grafana)

Zabbix é un sistema de monitorización de redes creado por Alexei Vladishev, de software libre. Está deseñado para monitorar e rexistrar o estado de varios servizos de rede, servidores, e hardware de rede.

Grafana é un software libre baseado na licenza Apache 2.0,2 que permite a visualización e o formatado de datos métricos. Permite crear cadros de mando e gráficos a partir de múltiples fontes, incluídas bases de datos de series de tempo como Graphite, InfluxDB e OpenTSDB. Orixinalmente comezou como un compoñente de Kibana e despois fíxose unha bifurcación.

A quen está dirixida a charla?

A responsables de produción, informática, xerencia e, en xeral, todos aqueles directivos que queiran mellorar os seus negocios baseándose en datos reais, de forma rápida e sinxela.

Programa

– Quen é Muutech?
– Por que é necesario hoxe en día o seguimento?
– Minerva, plataforma de seguimento, funcionalidades destacadas
– Casos de aplicación reais

Organizan

Amtega, Muutech e Agasol

Inscrición

Pódese facer a inscrición a través desta ligazón.

Imparte

Muutech é unha empresa que brinda solucións de seguimento avanzado enfocado, ademais de a contornos de sistemas de información, a contornas industriais e de produción. Minerva é a nosa plataforma de seguimento, e está baseada en estándares de software libre (Zabbix e Grafana), cuxa misión é a recollida e a visualización de datos de forma sinxela provenientes de diversas fontes: máquinas industriais, autómatas, sensores, ERPs, bases de datos, servidores, equipos de rede, etc.

Agasol (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre)

Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutoras dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This