A aula CeMIT de Ames comeza en setembro un curso en familia sobre programación.
O curso en familia será unha actividade formativa onde os pais e as nais poderán matricularse cos seus fillos para aprender xuntos. Deste xeito, tanto os nenos como os pais, poden compartir o seu tempo aprendendo xuntos diante do ordenador.

No curso usarase Scratch, ferramenta libre axeitada para os rapaces que estean a dar os seus primeiros pasos no mundo da programación de aplicacións. Scratch é unha linguaxe visual de programación por bloques, adecuada para que os rapaces e rapazas comecen a usar a lóxica da informática na programación, para posteriormente poder adentrarse en outros eidos máis avanzados da tecnoloxía.

O curso empezará o luns 9 de setembro, e será en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Reserva a túa praza

No caso de ser máis de dúas persoas (varios fillos/as ou pai e nai) debedes avisar por correo electrónico para poder adaptar o espazo da aula ás necesidades.

Para reservar unha praza podes:
– Acceder á web do CeMIT: https://cemit.xunta.gal/gl/centro/9
– Pasar pola aula en horario de aula aberta (cando non hai cursos) no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns.
– Chamar por teléfono ó 682 373 753.
– Enviar un correo electrónico a: cemit.ames@xunta.gal


Para estar informado sobre outras actividades, tamén podedes seguir as redes sociais da aula CeMIT de Ames:
Facebook
Instagram

Máis información sobre este e outros cursos da aula CeMIT de Ames

Pin It on Pinterest

Share This