O próximo 18 de setembro, en horario de 16.30 a 18.30, terá lugar unha nova sesión demostradora no CDTIC en Santiago de Compostela.

Nesta ocasión mostrarase a solución Rocket.Chat da man de Queres Tecnologías, software de comunicación corporativa libre.

Rocket.Chat

Porque todo pasa moi rápido e hai que adaptarse. Para que isto suceda é indispensable coñecer as ferramentas dispoñibles mellor que a competencia.
Rocket.chat é gratuíto, ilimitado e de código aberto. Substitúe ao correo electrónico, HipChat & Slack coa última solución de software de chat en equipo.

A charla está orientada a Responsables de sistemas e IT, RR. HH, Xerentes, etc

Programa

– Que é Rocket.Chat?
– Funcionalidades destacadas
– Requirimentos

Descarga do programa

Inscrición

Para asistir presencialmente a esta actividade, acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

Imparte

Queres Tecnologías
Empresa que leva acompañando no proceso de transformación dixital a empresas como Estrela Galicia, Gadisa ou Rede Eléctrica de España desde hai máis de 10 anos e a organizacións públicas como o Sergas ou a Amtega.

Organizan

Amtega, Agasol e Queres Tecnologías.

Agasol (Asociación de empresas Galegas de Software Libre)
Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This