O grupo Python Vigo reunirase o 20 de febreiro ás 20.00 horas. Nesta ocasión a cita terá lugar no Colexio Daniel Castelao de Vigo.

Localización

Programa de actividades

Charlas:

Install party [19.30]
Vide media hora antes dos relatorios co voso portátil e axudámosvos a instalar Python e ferramentas básicas.

Charlas [20.00]
[Iniciación]: Introdución a Python 2ª parte por Adrián Chaves.
Continuaremos aprendendo os fundamentos e funcionalidades básicas da programación en Python.

[Charla]: Distribuír paquetes en Python por Miguel González.
Unha cousa é programar un script con Python, pero como distribúes a túa creación para que outros poidan usala?

Lightning Talks

Exposicións rápidas de 5 minutos cronometradas sobre calquera tema de Python ou relacionado con el.
Recompilación de preguntas e dúbidas.

Ao rematar, a reunión trasládase a algunha cafetería próxima para seguir charlando e tomando algo.

Repositorio de materiais das charlas anteriores
Podedes acceder ao repositorio a través desta web.

Canles de comunicación co grupo
Lista de correo (única vía 100% oficial)
Twitter
Grupo de Telegram
Slack (canal #pythonvigo)
Obtener invitación
Acceso al grupo

Fonte orixinal do logotipo de python:
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Python-logo-notext.svg#/media/File:Python-logo-notext.svg
Máis información na web oficial do evento

Pin It on Pinterest

Share This