O grupo PHPVigo organiza a súa reunión mensual de xaneiro para este mércores día 30 ás 19:30. O evento terá lugar no Kaleido Coworking.

PHPVigo é un grupo de desenvolvedores e entusiastas da linguaxe PHP do entorno de Vigo, que se reúnen cunha periodicidade mensual para poñer en común os seus novos descubrimentos, proxectos desenvolvidos, trucos da linguaxe, novos frameworks e ferramentas…

No encontro deste mes de xaneiro terán lugar dúas charlas. A primeira a cargo de David Negreira sobre Webpack Encore, unha das ferramentas proporcionadas polo framework libre Symfony. Na segunda charla Rolando Caldas realizará unha presentación resumo do evento SymfonyLisbon que tivo lugar o pasado decembro en Lisboa arredor de Symfony onde nos contará a súa experiencia no evento.

Para máis información, así como para apuntarse ao evento pode visitarse a páxina do meetup.

Pin It on Pinterest

Share This