Do 4 ao 6 de setembro de 2019, na ETSISI – Escuela Técnica Superior de Ingeniería de Sistemas Informáticos, a comunidade de desenvolvedores e simpatizantes do proxecto GNU celebrará o GNU Hackers’ Meeting (GHM) en Madrid.

Programa da edición GMH’19

Mércores 4 de setembro
10:00 – Benvida e presentacións
11:30 – Tempo de Hacking
12:00 – Charla: O formato lzip / The lzip format
13:00 – Tempo de Hacking
14:00 – Comida
16:00 – Charla: eBPF support in the GNU Toolchain
18:00 – Tempo de Hacking
20:00 – Fin do primeiro día


Xoves 5 de setembro
10:00 – Charla: GNU Emacs for all
11:00 – Tempo de Hacking
12:00 – Charla: Introduction to Libwget
14:00 – Comida
16:00 – Charla: GNU poke –  an extensible editor for structured  binary data
18:00 – Charla: Wget2: a modern Wget
20:00 – Fin do segundo día

Venres 6 de setembro
10:00 – Charla: Libremanuals: Free Documentation for Free Software
11:00 – Tempo de Hacking
12:00 – Core wars!
14:00 – Comida
16:00 – Charla: GNU assembly – for GNU maintainers
18:00 – Fin do GHM


Tedes información máis detallada sobre as charlas na web oficial do evento.

Inscrición

O evento é totalmente gratuíto, pero é necesaria a inscrición previa a través de correo electrónico a esta dirección, indicando:

O teu nome e correo electrónico de contacto
Se es responsable dun paquete GNU e indicar que paquete/ s
Se es colaborador dun paquete GNU e indicar que paquete/ s
Indicar que datas queres ou podes asistir
Se necesitas algunha necesidade extra

Tamén podes enviar a túa proposta se queres dar algún tipo de charla.

Máis información na web oficial do evento
Nova no blog Victorhck in the free world

Pin It on Pinterest

Share This