Resposta de emerxencia de GNU Health en Haití

Martes, 24 Agosto 2021
Resposta de emerxencia de GNU Health en Haití

Haití sufriu un terremoto os días pasados, e tamén sofre de forma recorrente outras catástrofes naturais como furacáns, ademais de ser vítima da pobreza estrutural e de disturbios civís.

A xente de GNU Solidario iniciou unha campaña de resposta de emerxencia en Haití: https://www.gnusolidario.org/haiti.html

GNU Solidario comenta:
Necesitamos unha resposta de emerxencia agora, pero tamén necesitamos traballar en Medicina Social, e abordar os determinantes socioeconómicos que son a causa fundamental da pobreza estrutural en Haití. Só entón, os nosos irmáns e irmás haitianos poderán recuperar a dignidade que merecen, e crecer en prosperidade. Necesitamos crear as condicións, traballando a comunidade local no país para fortalecer o sistema de saúde pública e educación. GNU Health forma parte deste programa.”

O proxecto GNU Health céntrase en axudar aos profesionais da saúde para impartir medicina social e informática sanitaria. Ao final, a tecnoloxía é só un medio, e GNU Health é un proxecto social que utiliza tecnoloxía libre e ciencia aberta para mellorar as nosas sociedades.

Acerca de GNU Solidario:
GNU Solidario é unha organización humanitaria sen ánimo de lucro centrada na Medicina Social.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal