Reportaxe sobre o “Obradoiro de programación con Micro-Bit para nenos na Industriosa”

Mércores, 20 Outubro 2021
Reportaxe sobre o “Obradoiro de programación con Micro-Bit para nenos na Industriosa”

Fai uns días tivo lugar o “Obradoiro de programación con Micro-Bit para nenas e nenos”, organizado por A Industriosa . Unha actividade gratuíta e conxunta, na que participaron os pais e nais coas fillas e fillos.

Desprazámonos ata as instalacións de A Industriosa en Vigo, para facer varias entrevistas e unha pequena reportaxe en vídeo, que vos deixamos a continuación:

Reportaxe en vídeo

 

BBC micro:bit é unha pequena tarxeta electrónica de hardware libre, programable, de 4×5 cm lanzada pola BBC británica no ano 2015 co obxectivo de que máis dun millón de nenos/as e mozos aprendesen a programar dunha forma fácil e divertida.

No ano 2016 a Fundación Educativa Micro:Bit integrada por empresas como Amazon, Microsoft, Cisco ou Samsung, asumen este proxecto co propósito de promocionar a aprendizaxe da programación e a robótica entre os mozos a nivel mundial.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal