Red Hat lanza versión de baixo custo para uso académico e investigación

Xoves, 29 Xullo 2021
Red Hat lanza versión de baixo custo para uso académico e investigación

Red Hat anunciou que ofrecerá unha opción de baixo custo para organizacións e entidades relacionadas coa investigación e o mundo académico en xeral.

Estas organizacións poderán utilizar RHEL non só para a investigación ou as clases, senón que terán á súa dispoñibilidade toda a gama de usos de GNU/Linux (para executar servidores web ou nunha contorna de computación de alto rendemento).

Red Hat dixo:
“Recoñecemos que as organizacións académicas e de investigación son membros crave da comunidade de software libre, axudando a impulsar a innovación aberta, así como a educar á próxima xeración de líderes de TI. Para a empresa é unha forma de chegar a máis persoas e a novas xeracións.”

Red Hat ofrecerá outros paquetes RHEL baratos ou mesmo gratuítos, como os que estivo ofrecendo a pequenos equipos de desenvolvemento e empresas de software libre sen ánimo de lucro.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal