Red Hat Enterprise Linux (RHEL) pasará a ser totalmente gratuíta para equipos de desenvolvemento e cargas de traballo de ata 16 servidores. A noticia é importante para boa parte dos usuarios de CentOS, xa que o soporte da versión estable de CentOS remata en 2021.

Coa nova política de distribución a partir do próximo 1 de febreiro, será posible utilizar Red Hat Enterprise Linux sen restricións ata en 16 equipos, tanto servidores como equipos de escritorio.

O panorama de distribucións de Red Hat queda así:
Fedora Linux, lugar para as principais innovacións do sistema operativo.
CentOS Stream, plataforma de entrega continua que se converte na próxima versión secundaria de RHEL, funcionando a modo de rolling release.
RHEL, sistema operativo para cargas de traballo en produción en todo tipo de implementacións, e que agora poderán acceder a el totalmente gratis moitos máis usuarios sen importar o caso de uso.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This