Red Hat Enterprise Linux actualiza á versión 7.5

Xoves, 12 Abril 2018

A distribución de GNU/Linux empresarial de Red Hat acaba de sacar unha actualización para a súa última versión, a 7.5. Red Hat segue co seu enfoque en servidores, no mundo “cloud” e infraestrutura híbrida.
As novidades máis destacadas son a integración de OpenSCAP coa plataforma Red Hat Ansible Automation, melloras de rendemento con Virtual Data Optimizer (VDO), así como melloras na compatibilidade con Windows Server e Microsoft Azure.

Podes ver máis detalles sobre esta actualización na nova da páxina de Red Hat e nas notas da versión.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal