Radar COVID liberou o seu código fonte

Venres, 18 Setembro 2020

Despois de varios meses en probas, finalmente liberouse o código fonte de Radar COVID. A Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial publicou nun repositorio de Github o código da aplicación de rastrexo de contactos española.

Desta forma, calquera desenvolvedor poderá colaborar, revisando o código e notificando erros.

Radar COVID

Agora, as distintas Comunidades deben adaptar a súa aplicación de rastrexo de contactos e xestionar os positivos para que a app funcione correctamente.

O código de Radar COVID publicouse baixo licenza Mozilla Public License 2.0.

En Github atoparemos o repositorio onde hai apartados dedicados para a versión de iOS, de Android, e do protocolo DP-3 T e os servidores.

Interoperabilidade

A partir do 15 de outubro, empezarán as probas para a súa interoperabilidade coas aplicacións doutros países.

España formará parte do primeiro grupo de probas para tentar que as distintas aplicacións de rastrexo de contactos funcionen entre si e por tanto calquera europeo poderá utilizar a súa aplicación aquí e nós poderemos ir con Radar Covid por Europa.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal