Quinto Scratch Day de CPETIG

Luns, 21 Outubro 2019

O sábado 26 de outubro de 9 a 14 horas no hotel Los Abetos de Santiago de Compostela terá lugar a quinta edición do Scratch Day.

Será unha xornada enfocada a que nenos e nenas poderá acceder ao mundo da programación con un enfoque lúdico e divertido da man da plataforma libre Scratch, coa que se poden crear historias, xogos, e animacións mediante as que estimular as capacidades necesarias para a programación.

Este evento trátase da quinta edición que organiza o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia tamén coñecido polas súas siglas CPETIG e que conta coa colaboración da AMTEGA. Entre os obxectivos desta iniciativa destacan o de difundir os valores da programación no entorno familiar, o emprendemento, a cultura libre e desmontar os estereotipos de xénero entorno á informática.

  • O evento está enfocado no público entre 7 e 15 anos.
  • A rapazada que acuda ao evento deberá estar acompañada por un adulto.
  • Débese acudir cunha computadora portátil e preferiblemente co software instalado.

Pódese atopar máis información sobre o evento así como realizar a inscrición nesta ligazón.

Fonte: https://cpetig.gal/escolares-galegos-acheganse-ao-hardware-no-v-scratch-day-o-26-de-outubro-en-compostela/

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal