Qt 5.15 LTS só para usuarios comerciais

Martes, 12 Xaneiro 2021
Qt 5.15 LTS só para usuarios comerciais

The Qt Company anunciara xa fai tempo que restrinxiría os lanzamentos das versións LTS do framework aos clientes comerciais, empezando pola recente Qt 5.15 LTS. A xente que use a versión de código aberto de Qt 5.15 non recibirá novos parches (o que supón un risco para a seguridade).

Os clientes comerciais de Qt terán acceso aos repositorios privados que conterán o código fonte co que se construirán as futuras versións de mantemento de Qt 5.15. A primeira versión de mantemento só para clientes comerciais sairá o próximo mes de febreiro de 2021.

Propúxose que a variante de código aberto da versión 5.15 pase a estar mantida pola comunidade, sen a intervención directa de The Qt Company (pero de momento a compañía non respondeu).

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal