Foi lanzada a versión QGIS 3.8 (co alcume de Zanzibar). QGIS é software libre e gratuíto, un Sistema de Información Xeográfica para as plataformas GNU/Linux, Unix, Mac OS, Microsoft Windows e Android.
Os instaladores de todos os sistemas operativos compatibles xa están dispoñibles.
QGIS 3.8 chega cun número grande de novas características, podedes velas nesta ligazón.
Os desenvolvedores detrás do proxecto cren que esta ferramenta axuda á xente coa toma de decisións espaciais, dando como resultado unha sociedade mellor para toda a humanidade.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This