QEMU 4.2

Venres, 3 Xaneiro 2020

QEMU, emulador de procesadores (e alternativa a VirtualBox e Vmware) a través de hipervisores como KVM e Xen ou simplemente binarios, é unha máquina virtual que pode executarse en calquera tipo de microprocesador ou arquitectura, gratuíto e licenciado en parte coa LGPL e a GPL.

Funciona en plataformas x86, x64, PPC, Sparc, MIPS, ARM e nos sistemas operativos Linux, FreeBSD, NetBSD, OpenBSD, Mac OS X, Unix e Windows.

Novidades: melloras na virtualización de GNU/Linux, actualizacións para CPU modernas con extensións de sincronización transaccional (TSX) deshabilitadas de forma predeterminada, para KVM engadiuse a capacidade de usar máis de 256 CPU e brindar soporte para instrucións SVD SIMD, inclusión das bibliotecas Gcrypt e Nettle (pode usar o modo de cifrado XTS propio da biblioteca), mellor rendemento para a emulación Tiny Code Generator (TCG) de núcleos ARM, o controlador de bloque LUKS agora admite Falloc e a preasignación completa, en RISC-V o depurador agora pode ver todos os estados arquitectónicos, entre outras.

Máis información na web oficial.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal