O grupo de Python Vigo realiza reunións periódicas nas que teñen lugar charlas, obradoiros e actividades.
Nesta ocasión, as actividades que empezarán a partir das 20.00, son as seguintes:

  • Charla: Adrián Chaves falará de Scrapy, programa de código aberto e marco de colaboración para extraer os datos de webs, dunha maneira rápida, simple, pero extensible. Charla introdutoria pero desde a experiencia de alguén que traballa en Scrapinghub, empresa detrás do mantemento do framework.
  • Lightning Talks: Exposicións rápidas de 5 minutos cronometradas sobre calquera tema de Python ou relacionado con el.

Scrapy

Lugar: local de A Industriosa, na rúa Barcelona, 13.
Máis información: https://www.python-vigo.es/posts/reunion-del-grupo-el-20190425/

Fonte orixinal do logotipo de python: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Python-logo-notext.svg#/media/File:Python-logo-notext.svg

Pin It on Pinterest

Share This