O grupo Python Vigo organiza reunións periódicas nas que teñen lugar varias charlas e obradoiros arredor de tecnoloxías baseadas ou relacionadas coa linguaxe de programación libre Python durante as cales os asistentes ademais de aprender novas ferramentas, trucos ou tecnoloxías tamén teñen a ocasión de investir o seu tempo en coñecer a outros profesionais e entusiastas de Python cos que compartir experiencias e inquedanzas.

Estas reunións de Python Vigo teñen unha frecuencia mensual e con ánimo de conseguir máis participantes nas mesmas lanzaron un chamamento (Call for papers) para abrir os temas e charlas das futuras reunións deste colectivo, polo que animan a que toda persoa á que lle guste impartir charlas e obradoiros envíe a súa proposta de charla para que esta sexa tomada en consideración para as vindeiras citas.

Pin It on Pinterest

Share This