O sábado 4 de marzo, en horario de 11:00 ata as 12:30, terá lugar no local de A Industriosa en Vigo o evento “Python, kata e almorzo – 8ª Edición”. Organizado por A Industriosa e coa colaboración de Python Vigo.

Evento informal, aberto a calquera persoa que se anime a participar e compartir unha hora de Python, café e / ou té. Inspirados nos katayunos, dojos e actividades similares, reunímonos en grupos de 2/3 persoas para resolver un reto de programación, compartir e mellorar as nosas habilidades de Python.

Durante 90 minutos intentaremos resolver o reto, desenvolvéndoo iterativamente e co obxectivo de aprender novos enfoques do problema. Usaremos recursos como https://leetcode.com/ ou https://www.hackerrank.com/. Podes revisar edicións anteriores en https://github.com/aindustriosa/python-kata-e-almorzo

Só é necesario que veñas co desexo de compartir e aprender. Non é esencial traer un portátil e tampouco e imprescindible instalar Python xa que traballaremos en recursos online.

Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This