O sábado 1 de febreiro, en horario de 12:30 a 13:30, terá lugar o evento informal “Python, kata e almorzo – 5ª edición”, aberto a calquera persoa que se anime a participar e compartir unha hora de Python, café e/ou té no local de A Industriosa (c/ Barcelona 13 – Vigo).

Python, kata e almorzo


O evento consiste en crear grupos de 2/3 persoas para resolver un reto de programación, compartir e mellorar as habilidades de Python.

Durante 60 minutos intentarán resolver o reto, desenvolvéndoo iterativamente e co obxectivo de aprender novos enfoques do problema. Usaranse recursos como https://www.hackerrank.com/ ou https://leetcode.com/

Requisitos para asistir ao evento

Non é esencial levar un portátil, pero se o traes, non esquezas instalar Python:
https://www.python.org/downloads/

Organizadores

Organizado por A Industriosa, asociación sen ánimo de lucro que conta cun local provisto de diferentes ferramentas.


Para este evento A Industriosa conta coa colaboración de Python Vigo

Máis información na web do meetup do evento.

Pin It on Pinterest

Share This