Python Coruña, primeira quedada o 10 de decembro

Mércores, 30 Novembro 2022

Python Coruña anuncia a súa primeira quedada o día 10 de decembro, ás 19.00 horas, no Centro Ágora.

Python Coruña

Python Coruña é un grupo de persoas da contorna da Coruña interesadas na linguaxe de programación Python e todo o ecosistema que hai arredor da mesma.

captura

O grupo é heteroxéneo e está composto tanto por programadores que empregan a linguaxe no seu día a día, como por quen a emprega ocasionalmente, ou mesmo por persoas que simplemente queren aprender esa linguaxe de programación, así mesmo, o grupo tamén está aberto a calquera persoa que quere saber que lles podería aportar aprender esta linguaxe.

Python

Trátase dunha linguaxe de programación de alto nivel, multiparadigma e moi versátil que naceu a principio dos anos noventa e que hoxe en día é unha das linguaxes máis utilizadas. Os casos de uso da linguaxe abarcan calquera tipo de aplicación, non só das típicas aplicacións de escritorio, senón que van dende aplicacións da área de Intelixencia Artificial ou Machine Learning a aplicacións web, pasando por sistemas de xestión empresariais ou por software de Big Data.

logo

O grupo de Python Coruña xa viña tendo interacción mediante canles dixitais, pero os seus membros levan tempo pensando en iniciar actividades presenciais para se desvirtualizaren e poder saudarse en persoa. Para iso acordaron celebrar unha quedada no Centro Ágora o sábado 10 de decembro de 2022 que contará tanto con espazo para un par de charlas sobre tecnoloxías baseadas en Python e tamén con espazo para que as persoas poidan falar sobre algún dos proxectos realizados coa linguaxe ou sobre os aspectos de Python que lles resulten máis atractivos.

Para máis información pódese visitar a páxina do evento no meetup.

Python Coruña nas redes

Páxina de meetup: https://www.meetup.com/python-a-coruna/
Grupo en Linkedin: https://www.linkedin.com/groups/9259668/
Correo electrónico: pythoncoruna@es.python.org
Grupo de Telegram: https://t.me/pythoncorunha

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal