Do 30 de setembro ao 2 de outubro, terá lugar a PyConES en Granada, unha das conferencias de Python máis importantes de España. O evento reunirá a centos de entusiastas de Python.

O programa cos horarios xa están publicados nesta ligazón.

Python

Python é unha linguaxe de alto nivel de programación interpretado (dinámica e multiplataforma), cuxa filosofía fai fincapé na lexibilidade do seu código. Utilízase para desenvolver aplicacións de todo tipo. Python é unha das linguaxes de programación máis populares.

Trátase dunha linguaxe de programación multiparadigma, xa que soporta parcialmente a orientación a obxectos, programación imperativa e, en menor medida, programación funcional.

Está administrado pola Python Software Foundation, e posúe unha licenza de software libre, denominada Python Software Foundation License.3.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This