Puppy Linux 9.5, pensado para equipos vellos

Luns, 28 Setembro 2020

Puppy Linux 9.5 “FossaPup64 9.5”, nova versión de Puppy orientada a manter vivos equipos vellos. Construída a partir dos paquetes Deb de Ubuntu 20.04 LTS polo que require dun procesador de 64-bits para funcionar.

Definido polos seus creadores como un sistema:
“pequeno, que se executa en ram, ultrarrápido e moi versátil. Ten todo o que un principiante necesitará á vez que permite o control total ao usuario experimentado.”

Conta cun kernel Linux 5.4.53, xestor de xanelas JWM, explorador de arquivos ROX-Filer, navegador web Pale Moon (baseado en Firefox), acompañado de moitas aplicacións propias do proxecto Puppy Linux.

Novidades: script init foi totalmente reescrito para o ‘initrd.gz’, novo mecanismo de actualización do kernel, xestor de paquetes redeseñado, nova interface de usuario acompañada de novas ferramentas de configuración, compilación modular (pódese cambiar o kernel, as aplicacións e o firmware en segundos).

Máis información na nota oficial

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal