PulseAudio 14, mellora da xestión de son

Mércores, 2 Decembro 2020

freedesktop.org publicou PulseAudio 14, última versión do servidor de son de software libre e multiplataforma. PulseAudio permite controlar o volume, organizar a entrada, mestura e saída de son, ou cambiar o formato de transmisión de son.

Novidades: inhabilitación por defecto do cambio da saída cara HDMI e novos fluxos de transmisión.

En GNOME, nova configuración de son na contorna. PulseAudio 14 manexa os movementos de transmisións de forma automática polo que xa non se realiza un movemento manual das transmisións e as modificacións da base de datos por parte de GNOME.

Mellor soporte para os auriculares USB de tipo gaming. Agora é posible escribir a configuración para hardware que require o uso de índices distintos a cero.

Máis información na nota oficial

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal