Tuxedo (ensamblador alemán de equipos informáticos compatibles con GNU/Linux), anunciou a apertura das reservas do Pulse 15, portátiles con APU de AMD e sen gráfica dedicada.

Características:
Pantalla de 15 polgadas (1920×1080 px) e con dúas versións de procesador a elexir: APU Ryzen 5 4600 H AMD(con 6 núcleos, 12 fíos, 3 Ghz e AMD Radeon RX Vega 6 Graphics integrada) e Ryzen 7 4800 H AMD(oito núcleos, dezaseis fíos, 2,9Ghz e AMD Radeon RX Vega 7 Graphics integrada).

Batería de polímero de litio de 91 Wh, configuracións de RAM desde os 8 GB ata os 64 GB, unha única unidade M.2 sobre interface SATA 3 ou NVMe PCIe (de 250 GB ata os 2 TB).

Un porto USB 3.2 Type-C, dous USB 3.2 Type-A, un USB 2.0 Type-A, un porto HDMI 2.0, RJ45, conector jack de 3,5 milímetros, lector de tarxetas microSD, Wi-fi Intel Dual Band Wi-fi 6 AX 200 con soporte de Bluetooth 5.1. Dimensións de 356,4 x 233,73 x 16,8 milímetros e 1,5 quilogramos. O prezo base é de 896,81€.

Máis información na nota oficial

Pin It on Pinterest

Share This