Publicado o trixésimo sexto número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial

Xoves, 28 Maio 2020

Xa está publicado o trixésimo sexto número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Maio. O proxecto destacado deste mes é WireGuard, unha solución para a implantación de redes privadas virtuais, tamén coñecidas como VPN.

No apartado de novas destacamos a publicación de catro pílulas sobre ferramentas para o teletraballo, tres programas de Mancomún Podcast, o listado de ferramentas recomendada pola FSFE para o teletraballo, a volta ao software libre de Munich, a celebración virtual da conferencia sobre INSPIRE, ou a nova versión de Zabbix.

Boletín Software Libre na Empresa

Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software libre que se están a empregar en diferentes administracións públicas. No caso deste novo boletín, tanto os proxectos e ferramentas destacadas como os casos de éxito e as novas recompiladas están orientada ao sector empresarial galego, tratando de difundir casos de éxito de aplicacións de software libre que están sendo empregadas por outras empresas ou ferramentas e proxectos de software libre que poden resultar de interese para o tecido empresarial, tanto para uso propio como tamén como posible opción de xerar negocio a través del.

Ademais de recompilar diferentes novas sobre solucións con software libre, todos os meses destacarase un proxecto ou ferramenta de software libre, así como un caso de éxito de implantación da mesma por parte dunha empresa, tratando de dar a coñecer non só a solución como tal senón mostrando un exemplo de que está a ser empregado e solucionando unha necesidade que calquera outra empresa pode ter tamén.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal