Xa está publicado o terceiro número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Agosto. Neste número o proxecto destacado é Odoo, un ERP que se consolida cada día máis como a alternativa elexida por moitas empresas para a súa xestión interna, xa que pola súa cantidade de módulos dispoñibles e o sinxelo da súa configuración, fai que poida ser adaptado a calquera tipoloxía de empresa e sector.

No apartado de novas destacamos a apertura do Call for Papers para a LibreCon, un dos eventos de referencia de software libre para as empresas. Por outra banda facémonos eco tamén dun artigo tecnolóxico adicado a solucións para o denominado Goberno Aberto, cada vez máis demanando polas administracións públicas e que abre un novo nicho de negocio para as empresas TIC.

Boletín Software Libre na Empresa

Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software libre que se están a empregar en diferentes administracións públicas. No caso deste novo boletín, tanto os proxectos e ferramentas destacadas como os casos de éxito e as novas recompiladas están orientada ao sector empresarial galego, tratando de difundir casos de éxito de aplicacións de software libre que están sendo empregadas por outras empresas ou ferramentas e proxectos de software libre que poden resultar de interese para o tecido empresarial, tanto para uso propio como tamén como posible opción de xerar negocio a través del.

Ademais de recompilar diferentes novas sobre solucións con software libre, todos os meses destacarase un proxecto ou ferramenta de software libre, así como un caso de éxito de implantación da mesma por parte dunha empresa, tratando de dar a coñecer non só a solución como tal senón mostrando un exemplo de que está a ser empregado e solucionando unha necesidade que calquera outra empresa pode ter tamén.

Pin It on Pinterest

Share This